A crise do Sistema: Tratado ilóxico filosófico (Galician Edition) por SANTIAGO CASAL QUINTÁNS

A crise do Sistema: Tratado ilóxico filosófico (Galician Edition) por SANTIAGO CASAL QUINTÁNS

February 24, 2020

Titulo del libro : A crise do Sistema: Tratado ilóxico filosófico (Galician Edition)
Fecha de lanzamiento : February 4, 2018
Autor : SANTIAGO CASAL QUINTÁNS
Número de páginas : 85

Descargue o lea el libro de A crise do Sistema: Tratado ilóxico filosófico (Galician Edition) de SANTIAGO CASAL QUINTÁNS en formato PDF y EPUB. Aquí puedes descargar cualquier libro en formato PDF o Epub gratis. Use el botón disponible en esta página para descargar o leer libros en línea.

SANTIAGO CASAL QUINTÁNS con A crise do Sistema: Tratado ilóxico filosófico (Galician Edition)

[fragmento] ...os galegos transitamos pola vida portando unha doenza grave e o antídoto. Temos levado tantos paus que non chegamos a asimilar de todo a posibilidade, real, de que a felicidade sexa un estado duradeiro. Temos a tendencia de anticipar o peor para estar sempre preparados para o seu impacto. Pero non se cura con pastillas nin con sales de litio. Se cadra o mellor tratamento é precisamente esa tendencia que amosamos a relativizalo todo: o bo e o malo. Mesmo a realidade tendemos a presentala con toda a indefinición. Unha vez preguntáronlle a Arsenio, o adestrador do Deportivo, polo tempo á hora dun partido e contestou: “non vai chover a esa hora, non sendo que chova”.

P,- E certo que ese estado de ánimo ou esa forma de ser propicia a creación?

R,- Non tal. Condiciona a orientación e as correntes da creación pero non fai máis prolífico ao autor. Coido que se hai algo inútil é a depresión, unha fonte de padecemento superflua. O argumento de que moitas das mellores obras en calquera campo creativo nacen dunha personalidade en grande conflito é unha falacia. Outra cousa ben diferente é a pulsión íntima, a loita interior como motor de busca. Pero sempre que a sopa cerebral manteña un mínimo de equilibrio. Como dicía Honorato de Balzac, “para reflectir nas novelas o mundo das paixóns máis desenfreadas é preciso levar unha vida ordenada, mesmo monótona nas súas rutinas”.

[fragmento]

Non é paradoxal que sectores da que se auto denomina esquerda moderada ou socialdemocracia estea a coincidir na actualidade coa dereita tradicional no continuo esforzo por presentar ao nacionalismo galego como unha forza de corte stalinista, contraria ao necesario espírito de globalización e inserción do cidadán no mundo. Todo vale con tal de gañar espazo político. Tamén a mentira, mentres ao pobo non chega o feito obxectivo de que só se escoita falar de Galicia e dos seus problemas no Parlamento Europeo ou no español da boca de representantes do Bloque Nacionalista Galego. O franquismo descabezou Galicia daqueles intelectuais que mantiñan viva a memoria dunha opresión sostida no tempo dende Castela: o sometemento polas armas do reino de Galicia, a imposición brutal de tributos, a castración do pulo emprendedor e da puxanza do sector Agrícola, do mariñeiro, do tráfico portuario; o asasinato sumario da nobreza galega e a imposición de liñaxes foráneas... Á xente do común durante corenta anos impedíronlle o acceso ao coñecemento da historia de Galicia e implantáronlle, coa complicidade de patricios, fillos de Breogán renegados da súa orixe, ideas falsas sobre os Reis Católicos, a igrexa e todos os poderes fácticos. Mesmo a terceira vía que se auto denomina de centro esquerda, e que vén a equipararse con presupostos ideolóxicos de dereita moderada de hai catro décadas, ten unha visión miope respecto da composición da forza de traballo, unha visión túnel herdeira dunha época na que o emprendemento individual era unha anécdota. Ademais está liderada dende unha ambición persoal desmedida e incompatible coa imaxe de compromiso que a sociedade espera atopar en formacións supostamente envorcadas no Factor social. Atopa a súa razón de ser na dimensión estatalista intransixente co dereito das comunidades históricas a decidir tanto a fórmula coma o grao de participación na empresa común de facer nación. É outro factor de distanciamento das elites intelectuais e dos seus sectores nacionalistas. A abstención ou o posicionamento a favor de teses máis na liña do que representa o socialismo na súa orixe como tamén o aliñamento interesado con formacións nacionalistas son as consecuencias da política errática dos partidos socialdemócratas nun país que pechou en falso as feridas da guerra.